Subvención a proxectos térmicos de biomasa

79

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quentamento dun fluído mediante equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible

Requisitos:

1.Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda

2.Que se desenvolvan no territorio de Galicia exceptuando as zonas incluídas nos perímetros urbanos, definidos como tales no planeamento urbanístico vixente, das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo

3.Que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados

4.Que sexan viables técnicamente

5.Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética

6.Que se axusten ás especificacións indicadas nas bases

7.Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería do Medio Rural e do Mar por cometer infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano

Costes subvencionados:

1. O custo do equipamento térmico e os seus accesorios.

2. O custo do sistema de almacenamento de combustible.

3. O custo do sistema de alimentación de combustible.

4. O custo de montaxe e conexionado.

Subvencion

Subvencion-2

Prazo de inscripción de solicitudes:

Prazo de solicitudes: 1 mes (ata o 16 de Xuño)

Justificación de gastos:

31 de Octubre de 2014

Máis información:

Consultar en DOG: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140515/AnuncioO90-080514-0001_gl.pdf

marcos

View all contributions by marcos